Sairemos adiante

Nesta semana que termina recibimos unha noticia esperada pero claramente moi negativa, que son as 5.639.500 persoas en situación de paro que reflicte a EPA do primeiro trimestre de 2012.

É un feito certo que o Partido Popular recibiu un amplo apoio nas urnas para formar o Goberno de España, o que supón dunha banda asumir sen beneficio de inventario a herdanza recibida do anterior executivo socialista e doutra acometer sen vacilacións as necesarias reformas para saír desta angustiosa crise económica e social.

Asumindo a herdanza unha vez mais resulta imprescindible recordar que os case oitos anos de goberno do PSOE de Zapatero e Rubalcaba deixaron a España na situación máis complicada da súa historia democrática:

- deixaron o déficit do Estado  finalmente no 8.5 por cento. É dicir, o ano pasado gastamos 25.000 millóns de euros máis daquilo que nos comprometemos cos nosos socios da Unión Europea .

- deixaron unha débeda de case 700.000 millóns que obriga a pagar a descomunal cifra de 30.000 millóns ao ano só de intereses.

- deixaron un déficit anual de case 100.000 millóns que obriga a presentar un Orzamento con fortes restriccións de diñeiro para todos os ministerios.

- deixaron unha herdanza de millóns de desempregados aos que se destinan  case 30.000 millóns ao ano en prestacións.

- deixaron unha débeda de 15.000 millóns en Sanidade.

. deixaron un problema descomunal no sector eléctrico cunha débeda de 24.000 millóns de euros.       
- deixaron un sistema educativo co maior fracaso escolar de Europa.

Diante desta penosa situación, nos catro meses de goberno de Mariano Rajoy acometéronse as reformas que necesita España para superar a herdanza socialista:

. A reforma económica:

- Aprobando a Lei de Estabilidade Orzamentaria e Sustentabilidade Financeira para que ninguén gaste o que non ten.

- Esixindo ás CCAA o cumprimento dos seus obxectivos de déficit.

- Inxéctando 30.000 millóns ás Pemes e autónomos obrigando ás administracións a pagar as súas débedas con provedores.

. A reforma laboral:

- Incentiva a contratación de mozas, parados de longa duración e mulleres.

- Fomenta a contratación estable e a formación dos traballadores.

. A reforma da Sanidade:

- Garante unha Carteira Común Básica de Asistencia Sanitaria pública, gratuíta
e de calidade para todos os españois.

- Establece uns controis e requisitos para evitar os abusos do turismo  sanitario e o malgasto farmacéutico.

. A reforma da Educación:

- A Estratexia Nacional de Calidade reforzará o ensino do inglés, reformará  a estrutura do Bacharelato, vinculará a FP á práctica profesional e  introducirá criterios de avaliación.

- Foméntase a cultura do esforzo e mantén as bolsas e os salarios  docentes.

. A reforma da Xustiza:
- Aprobación dunha lei de mediación no ámbito civil e mercantil.
- Revisaranse as taxas xudiciais para acabar co colapso dos tribunais.

- Os xuíces volverán elixir ao seu órgano de goberno, segundo a Constitución.

. A reforma da Administración:

- Aprobamos, unha Lei de transparencia, acceso á información pública e bo goberno para que todo o mundo saiba ata onde se gasta o último euro da Administración

- Redúcense conselleiros e ata 80 empresas públicas.

- Unifícanse os oito organismos supervisores nun.

- Limítase por lei o soldo dos directivos das empresas públicas.
. A reforma bancaria:

- Un plan de saneamento e reestruturación do sistema financeiro para que volva o crédito á xente, ás persoas, ás pemes, aos traballadores autónomos e aos que teñen un comercio para que, dese xeito, póidase xerar crecemento e emprego.

- O Código de Boas Prácticas bancarias converte os desafiuzamentos na última
opción.
- Limita por primeira vez o soldo dos directivos das caixas que foron  intervidas ou recibiron.

Remato: estamos diante dun momento que é extremadamente difícil e moi complexo, e comprendemos o desacougo dos cidadans, mais no Partido Popular temos a convicción de que se facemos as cousas ben, continuando pola senda reformista, España con moitos sacrificios saírá adiante, como xa temos saído cando vivimos momentos difíciles ao longo da nosa historia.



Con la tecnología de Blogger.