Hoxe o Consello de Ministros aprobou a remisión á Unión Europea e á Comisión Europea do Programa Nacional de Reformas de España 2012 e o Programa de Estabilidade de España 2012-2015.
A actualización do Programa de Estabilidade presenta o cadro macroeconómico previsto polo Goberno para o período 2012. Este cadro permite alcanzar en 2012 un déficit público do 5,3% do PIB, manter o obxectivo do 3% do PIB fixado para 2013 e alcanzar en 2015 un déficit do 1,1%; un superávit primario a partir de 2013 e iniciar unha senda de redución da porcentaxe débeda pública/PIB a partir de 2014.
O Programa detalla as medidas que se adoptarán a todos os niveis administrativos para cumprir estes obxectivos así como o calendario e efectos os esperados.
Doutro lado o Programa Nacional de Reformas de España 2012 inclúe os seguintes obxectivos: consolidación fiscal; fomento do crecemento e a competitividade; loita contra o desemprego; reactivación do crédito; mellora e eficiencia na prestación de servizos públicos esenciais, e modernización e racionalización das Administracións Públicas para evitar duplicidades.
Tamén contempla a liberalización de determinados servizos para que entre a participación do capital privado, así como a reforma dos sectores inmobiliario e do mercado de aluguer.