Sen dubida un dos temas que esa xerando mais polémica é a introducción acompañando ao Proxecto de Lei de PGE para 2012 do Decreto Lei, que contempla unha serie de medidas de carácter excepcional para favorecer a atracción de rendas e contribuír tamén á consolidación fiscal.
Resulta pertinente explicar que o programa especial de regularización de activos ocultos nace nun escenario no que o Goberno se ve na obriga de tomar medidas excepcionais de incremento da recadación para a redución do déficit fiscal e, ao mesmo tempo, evitar incidir directamente naqueles contribuíntes que xa viron aumentados os seus impostos, principalmente en IVE e IRPF.
Cabe sinalar que:
. Non se exime de tributación á renda aflorada posto que se gravará un 10% do total do patrimonio declarado.
. Farase a través dun tipo de gravame especial global que simplifica a forma de regularizar.
. A medida aplicarase de forma temporal, ata o 31 de decembro de 2012, co fin de incentivar a declaración de activos non declarados. A partir de xaneiro de 2013 endureceranse as sancións por fraude fiscal, o que reforza a eficacia potencial do programa.
. A medida adóptase ao amparo do criterio dos organismos internacionais, sobre todo, a OCDE e á vista da experiencia de países da nosa contorna. A OCDE recomenda explicitamente o establecemento de programas que incentiven o afloramiento de rendas ocultas, ademais de plans de intercambio de información tributaria.
. A OCDE fixa como requisitos para que este tipo de programas sexan exitosos que teñan duración limitada (excepcionalidade), xeren seguridade xurídica, manteñan a confidencialidade para os que regularicen e fixen un gravame especial o suficientemente atractivo. A medida que agora se plantexa cumpre todos estes requisitos.
. A Unión Europea avoga tamén por que, ademais de recadar impostos, as Facendas estatais dispoñan tamén de estratexias que aseguren que os incumprimentos fiscais mantéñense nun nivel mínimo. Así consta no seu informe "Risk Managment Guide for Tax Administrations"
. Son moitos os países que adoptaron medidas similares á exposta para declarar patrimonios ocultos e repatriar fondos en anos anteriores. Entre outros, figuran as administracións tributarias de Estados Unidos, Reino Unido, Arxentina, Italia e México. No caso de Italia, o proceso de regularización do país levado a cabo en 2009 e 2010 xerou unha recadación extraordinaria próxima aos 5.000 millóns de euros.
. En España xa se fixeron procesos anteriores. Hai antecedentes en 1984 e 1991, con Gobernos socialistas.
Hoxe mesmo a secretaria de Estado de Orzamentos e Gastos, a ex conselleira galega, Marta Fernández Currás, nunha entrevista no diario ABC afirma sobre a regularización que é unha medida que non lle gusta, aínda que a xustifica como algo "excepcional" pola actual situación económica e porque a alternativa sería subir o IVE que é unha figura recadatoria "potente", e que ten "consecuencias malas porque sacrifica o consumo".
Coincido totalmente coa afirmación de Fernández Currás cando di que "hai que afrontar a realidade. E esa realidade é que a economía española decrecerá ao 1,7 % este ano. Claro que non nos gusta esta medida, pero hai un diñeiro que non está no circuíto legal e hai que traelo".
Agardemos os resultados desta excepcional medida.