Novas adxudicacions na liña de acceso de AVE a Galicia

Onte o Consello de Administración de Adif aprobou un conxunto de investimentos por valor de 701.765.292 euros (IVE incluído) destinados á Liña de Alta Velocidade (LAV) Madrid-Galicia.

Colaboración público-privada:

Por unha banda, adxudicáronse, por importe conxunto de 379.044.308 euros e a fórmula de Colaboración Público Privada (CPP), dous contratos que beneficiarán ao tramo Olmedo (Valladolid)-Pedralba de la Pradería (Zamora).

O primeiro deles é un contrato de CPP para a montaxe de vía e o seu mantemento no tramo Olmedo-Pedralba e foi adxudicado por importe de 198.227.152 euros.

A efectos operativos, o tramo dividiuse, á súa vez, no subtramo Olmedo-Zamora, cun prazo de execución de obra de 7 meses, e Zamora-Pedralba, cuxo prazo de execución é de 11 meses.

Pola súa banda, o segundo é un contrato de instalacións de enerxía, incluído o seu mantemento, conta cun importe de adxudicación de 180.817.156 euros. O subtramo Olmedo-Zamora conta cun prazo de execución de 9 meses e o subtramo Zamora-Pedralba de la Pradería, cun prazo de 12 meses.

En ambos os casos, o período de mantemento é de 25 anos a contar desde a posta en servizo da infraestrutura.

Para a execución de ambos os contratos constituiranse sendas Sociedades de Propósito Específico (SPE) participadas por Adif e as empresas adxudicatarias. Adif participará nun 10% no seu capital social e os seus socios privados, no restante 90%.

Obras de plataforma:

Doutra banda, foi aprobada por valor global de 316.143.761 euros, a adxudicación das obras de plataforma de tres subtramos da LAV Madrid-Galicia no traxecto comprendido entre Pobra de Sanabria (Zamora) e Ourense.

Os tres subtramos adxudicados suman 28,3 km de nova plataforma ferroviaria e están deseñados para vía de alta velocidade en ancho internacional (1.435 mm) e unha velocidade máxima de circulación de 350 km/h.

Cerdedelo-Prado e Túnel do Corno (vía dereita)

Estes subtramos contan cun orzamento de adxudicación de 104.477.107 euros e 88.445.654 euros, respectivamente. Ambos están constituídos por senllos túneles en vía única de similares lonxitudes, que se complementan entre si.

O subtramo Cerdedelo-Prado, correspondente á vía esquerda, ten unha lonxitude de 8,9 quilómetros. Pola súa banda, o tramo Túnel do Corno (vía dereita) ten unha lonxitude de 8,8 quilómetros.

A construción do subtramo Cerdedelo-Prado, conta cun prazo de execución de 33 meses.

Pola súa banda, a execución do subtramo Túnel do Corno (vía dereita) conta cun prazo de execución de 36 meses.

Prado-Porto

Este subtramo, cunha lonxitude de 9,1 km na vía dereita e 1,6 km na esquerda, discorre polos termos municipais de Laza e Vilar de Barrio. Conta cun orzamento de adxudicación de 123.251.000 euros.

A construción prevé un prazo de execución das obras é de 34 meses.

Asistencia para o control de obras:

Adicionalmente, o Consello de Administración de Adif aprobou a licitación dos servizos de asistencia para o control das obras de plataforma dos subtramos Cerdedelo-Prado e Túnel do Corno (vía dereita), por un importe conxunto de 6.547.223 euros.
Con la tecnología de Blogger.