Estímulos á actividade de pemes e autónomos con mais crédito


É de salientar tamén que hoxe O Consello de Ministros aprobou a ampliación de cinco liñas de crédito ICO destinadas a emprendedores e empresas de menos de 25 traballadores.

A vicepresidenta Sáenz de Santamaría en rolda de prensa indicou que se trata de "un crédito para desenvolver proxectos rendibles, e crece un 16% máis no ano 2011". "A pesar das restricións noutros ámbitos, estás cinco liñas de crédito servirán para inxectar á economía crédito por valor de 22.000 millóns de euros", dixo.

Tamén afirmou que o Goberno quere que "os proxectos empresariais non queden en boas ideas senón que cheguen ao seu fin", e por iso reforzáronse cinco liñas ICO.

- Liña ICO-Investimento. Estará dotada con 9.000 millóns de euros para a adquisición de vehículos e maquinaria.

- Liña ICO-Internacionalización. A dotación duplícase ata os 2.000 millóns de euros.

- Liña ICO-Liquidez. Se ampla de 6.000 a 8.000 millóns de euros.

- A liña ICO-Emprendedores. Substitúe á Liña ICO-Desenvolvemento Empresarial, e aumenta a dotación de 750 a 2.000 millóns. Os seus destinatarios son autónomos, profesionais e empresas que están iniciando a súa actividade ou que a iniciaron nos 5 anos inmediatamente anteriores á concesión desta liña.

- Liña ICO-Vivenda, destinada a reactivar o mercado da rehabilitación, está dotada con 1.000 millóns de euros.

A vicepresidenta subliñou que, con este incremento do 16%, o ICO supón xa o 9% do crédito do sistema financeiro español e chega a cotas do 15% cando se trata de préstamos en prazos superiores a 5 anos.

Con la tecnología de Blogger.