domingo, 18 de marzo de 2012

Sobre o plan de pago a proveedores

O pasado xoves vencéu o prazo para que os concellos presentasen a súa listaxe de facturas e agora ábrese o prazo para que presenten o plan de axuste.

Lembremos que o Estado fixo un esforzo destinando 35.000 millóns ás corporacións locais e comunidades autónomas para satisfacer ese pago a proveedores.

A vicepresidenta do Goberno adiantou que, segundo os datos provisionais, os concellos presentaron 1.931.976 facturas pendentes de pago a provedores por un importe de 9.584 millóns de euros.

Sáenz de Santamaría avanzou que da listaxe de facturas presentado, as dúas terceiras partes afectan a pemes e autónomos: 50.259 provedores son traballadores autónomos e case 63.500 pequenas e medianas empresas.

Agardamos que esta medida do plan de apoio a provedores vai axudar a que estes traballadores teñan liquidez, poidan manter a súa actividade empresarial e o seu nivel de emprego". Neste sentido o ministro de Facenda e Administracións Públicas, Cristóbal Montoro, adiantou onte que o plan pode supor 100.000 empregos.