jueves, 23 de febrero de 2012

Logo das previsións da Comisión Europea, teremos uns orzamentos austeros e realistas

Hoxe coñecemos que o presidente do Goberno, Mariano Rajoy, reuniuse en Roma co presidente do Consello de Ministros italiano, Mario Monti, para intercambiar impresións sobre as reformas que están levando a cabo España e Italia para mellorar a economía e o emprego.
Durante a rolda de prensa conxunta ofrecida ao termo da reunión, o xefe do Executivo español referiuse aos datos da Comisión Europea que prevén que a economía española contraerase un 1% en 2012.

Mariano Rajoy manifestou que esperaba ese prognóstico: "Era plenamente consciente de que a previsión ía ser así ou ata podería ser peor".

E ante estes datos, Rajoy manifestou que o Goberno será realista" e que presentará na primeira quincena de marzo un cadro macroeconómico cunha previsión de crecemento negativa, na liña marcada polo Banco de España, o Fondo Monetario Internacional e a Comisión Europea.

E tamén anunciou que"Non será a previsión máis optimista das tres, a do -1%".

Engadiu que o Goberno fixará logo un teito de gasto para o Estado "prudente", e o obxectivo de déficit para todas as administracións.

E finalizou dicindo que sobre esa base presentará no Consello de Ministros do venres 30 de marzo uns orzamentos "realistas, que terán unha previsión de ingresos sensata e razoable".