Debate sobre a problemática do sector naval


Onte no Congreso dos Deputados tivemos o debate dunha PNL presentada polo BNG sobre a problemática do sector naval.

Polo Grupo Popular interveu a deputada coruñesa Tristana Moraleja quen defendeu a viabilidade dos estaleiros galegos e españois e recordou a importancia do sector naval na nosa economía, que se manifesta na súa facturación anual de 2.000 millóns de Euros.

Subliñou que, ademais dos 11.000 empregos directos e indirectos que xeran os estaleiros públicos, o sector de construción naval privado (beneficiario do sistema de arrendamento financeiro) xera 5.000 empregos directos e 12.000 empregos indirectos na subcontratación de bens e servizos coas empresas auxiliares da zona de influencia onde están localizados os estaleiros, algo que, en cidades como Ferrol, é esencial para a economía local.

Neste sentido, destacou o compromiso do Goberno de manter o programa de reindustrialización para as comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal, e subliñou tamén o compromiso do Goberno de Rajoy e o da Xunta de Galicia, con Alberto Núñez Feijóo á cabeza, cara ao sector naval. Sinalou que demostraron que se está facendo todo o humanamente posible para que o novo sistema de financiamento de buques que se pretende aprobar, baseado no réxime francés, entre en vigor canto antes; que mantivéronse diversas reunións e que o ambiente é de optimismo

Nese debata o GPP presentou unha emenda de modificación relativa ao “tax lease” e ao conxunto de Navantia, pero foi rexeitada polos nacionalistas. A emenda rexeitada expuña instar ao Goberno:

1. A proseguir cos seus esforzos de negociación coa Comisión Europea que deberían permitir en breve contar cun novo réxime de apoio ao transporte marítimo que facilite a contratación de buques, salvando as actuais dificultades que atravesa o sector; e a adoptar as medidas necesarias para a aplicación o máis axiña posible deste novo réxime, unha vez obteña a conformidade das autoridades comunitarias.

2. A efectuar os esforzos necesarios para unha resolución adecuada do procedemento incoado pola Comisión Europea ao vixente réxime de apoio ao transporte marítimo.

3. A expor á Comisión Europea as posibilidades de anticipar o vencemento das restricións en materia de construción naval civil que pesan sobre NAVANTIA, sempre que se preserven adecuadamente os intereses do conxunto da compañía e dos seus traballadores.

4. Continuar cos esforzos que se realizan para reforzar a actividade comercial de NAVANTIA no exterior, apoiando a súa participación en programas internacionais e a consecución de contratos que permitan incrementar a súa carga de traballo futura.

5. A analizar as necesidades futuras da Armada española para poder concretar os recursos necesarios para levar a cabo as misións que en cada momento lle sexan encomendadas.

6. A definir e desenvolver en NAVANTIA un plan de actuacións para toda a compañía adaptado á situación de cada unidade de negocio, cuxa finalidade sexa a mellora da eficiencia interna, a coordinación entre os diferentes centros e o incremento da produtividade, prestando especial atención á innovación, co obxectivo de reforzar a súa posición competitiva.

7. A acelerar os programas de mellora da produtividade de NAVANTIA e a intensificar o esforzo tecnolóxico da compañía para que poida competir en condicións de mercado ao finalizar as limitacións actualmente impostas á súa obra civil, preservando en todo caso a súa natureza eminentemente militar para atender os intereses esenciais da defensa e seguridade nacionais.
8. Manter o esforzo de reindustrialización impulsado polo Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo nas comarcas afectadas, dentro do período do actual Marco de Apoio da Unión Europea.

O noso Grupo Parlamentario, a pesar do rexeitamento polo BNG desta enmenda, estaba disposto a apoiar determinados puntos da PNL nacionalista, entre outros os relativos a permitir o “tax lease” en tanto que non se resolva o procedemento iniciado pola Comisión Europea, así como os puntos relacionados con intentar lograr o fin das limitacións de construción para os estaleiros ferroláns, a petición de que se busquen contratos para incrementar a carga de traballo ou o apoio ao compromiso do programa de reindustrialización da comarca de ferrolterra; pero o feito de que o BNG aceptase emendas doutros grupos - certamente insustanciais - impediu, por cuestións de aplicación do regulamento da Cámara Baixa, que a PNL do BNG puidésese votar por puntos e o PP puidese apoiar estas cuestións.

En calquera caso, compre lembrar que todos estes puntos xa foron apoiados polo PP o pasado 28 de xuño nunha PNL que foi aprobada por unanimidade da Cámara.

Dito todo o anterior, a realidade é que a solución á falta de carga de traballo nos estaleiros públicos de Navantia non se consegue impóndoo por decreto. Non hai que caer na demagoxia fácil que buscan o PSOE e o BNG.

A día de hoxe existe un compromiso do presidente do Goberno, Mariano Rajoy, para reimpulsar o sector da construción naval en Galicia, e iso inclúe aos estaleiros ferroláns.

Rajoy é crible porque en apenas dous meses conseguiu expoñer unha alternativa verosímil ao “tax lease”, e en apenas dous meses volverá estar en vigor unha bonificación fiscal que permita aos estaleiros do sur de Galicia ser competitivos fronte aos do resto de Europa. O Goberno de Zapatero foi incapaz de vertebrar solución algunha a este problema, como tampouco expuxo o levantamento do veto sobre os estaleiros ferroláns, que impide a construción naval civil.

No caso de Navantia, o problema en Ferrol non vén de hai tres meses, senón que fai seis anos que non se lles fai un pedido novo. Hai seis anos non gobernaba o PP nin Rajoy, nin fai catro, nin fai dous. Polo tanto día de hoxe, están a estudarse fórmulas que manteñan a carga de traballo en Ferrol, para o que hai un eixo político activo, que vai desde o alcalde da cidade ao presidente da Xunta.

Estamos convencidos que chegarán novas e boas noticias para o naval ferrolán. Traballaremos para elo.
Con la tecnología de Blogger.