Sobre a reforma do mercado laboral


Hoxe coñecimos que o Consello de Ministros aprobou o Real Decreto Lei de medidas urxentes para a reforma do mercado laboral, terceira das grandes reformas estruturais do Executivo nos seus 50 días de goberno.

A vicepresidenta, Soraya Sáenz de Santamaría, e a ministra de Emprego e Seguridade Social, Fátima Báñez, aseguraron que a reforma "marcará un antes e un despois na lexislación laboral en España", e que pretende crear as bases que permitan crecer e crear emprego.

Dixeron que a reforma tamén intenta atallar as causas da economía mergullada e apoiar aos autónomos e ás pemes como grandes xeradores de emprego en España.

A ministra de Emprego e Seguridade Social expuxo os puntos máis destacadas da reforma:

- Autoriza ás axencias de traballo temporal para que podan funcionar como axencias de colocación.

- Crea unha conta de formación que recollerá a formación recibida polo traballador ao longo da súa vida activa.

- Impulsa o contrato para a formación e a aprendizaxe.

- Crea un novo contrato indefinido de apoio aos emprendedores.

- Limita o encadeamento de contratos temporais a 24 meses.

- Incorpora o contrato estable a tempo parcial.

- Regula o teletraballo

- Modifica a clasificación profesional e favorécese a mobilidade funcional dos traballadores.

- Moderniza a negociación colectiva.

- Clarifica e racionaliza ao extinción do contrato por causas empresariais.

- Xeneraliza a indemnización pola extinción do contrato indefinido a 33 anos por ano traballado en caso de despedimento improcedente, cun máximo de 24 mensualidades.

- Activará os mecanismos para combater a fraude e loitar contra o absentismo laboral.

- Non se rebaixarán as prestacións por desemprego.

- Impulsará que os desempregados que estean cobrando a prestación realicen servizos de interese xeral en beneficio da comunidade.

- Posibilita a capitalización do cento por cento da prestación por desemprego para mozos de ata 30 anos que inicien unha actividade como autónomos.
Con la tecnología de Blogger.