sábado, 11 de febrero de 2012

Ourense xa ten Bispo

Hoxe estiven na Catedral de Ourense nos actos de ordenación episcopal e toma de posesión de Monseñor Leonardo Lemos Montanet como bispo da Diócese de Ourense e que foron presididos polo Arcebispo de Santiago, Julián Barrio.

Despois da solemne cerimonia tivo lugar a alocución final do novo Bispo Leonardo, da que resalto as seguintes frases:
 
El obispo por el que habéis rezado estos dos años, tiene ahora un rostro y un nombre, ayudadle a ser padre, hermano, amigo, servidor, maestro, guardián solícito, sacramentum bonitatis, imágenes todas ellas que aparecen en la sagrada Escritura y en la Tradición de la Iglesia para referirse al ministerio episcopal”

“El Seminario y las vocaciones. Ese será uno de los objetivos pastorales de mi pontificado. La vida diocesana, en su complejidad y riqueza, es ese ámbito en donde pueden y deben existir con auténtica libertad de espíritu todo aquello que vive en la Santa Iglesia Católica extendida por el mundo entero, y vosotros, mis hermanos sacerdotes, sois ese rostro de la Iglesia y de vuestro Obispo que debe acoger, acompañar, dirigir, y en ocasiones corregir, toda esa pluriformidad que existe dentro del seno de este misterio de comunión y fe que es la Iglesia. Ella no es un coto cerrado avocado a particularismos estériles, ni una multinacional más o menos operativa; es una gran Familia abierta a todos, reunida en torno a ese Buen Pastor, Nuestro Señor Jesucristo, visibilizado por la persona de su Vicario, el sucesor de Pedro, que junto con los sucesores de los Apóstolos, los Obispos, hacen presente esa realidad viva en medio de este mundo que busca algo más en cada uno de nosotros”

“Quixera recordarvos que dentro de oito meses, o vindeiro once de outubro, iniciaráse o Ano da Fe con ocasión do cincuenta aniversario do Concilio Ecuménico Vaticano II. Este será outro dos proxectos que nos ocupará a partir da Pascua: preparar en sintonía con Pedro, o Ano da Fe. Este próximo obxectivo ten que axudarnos a reactivar a fe do noso pobo. Non se pode amar o que se descoñece e hoxe en día a ignorancia sobre as cuestións máis elementais da fe cristiá é preocupante. Ás veces, algún dos nosos contemporáneos ten que loitar contra certos espellismos, normalmente construídos pola ignorancia, a inercia dunha pseudocultura, o relativismo ambiental. Nos últimos decenios construíronse unha serie de caricaturas do cristián, e en especial da Igrexa, alimentáronas ideoloxías que ofrecen ao ser humano aventuras sen retorno. É necesario intensificar a formación cristiá do noso pobo, de modo que exista certa coherencia entre o que se pensa e se vive.”

“Pido para todos "o mellor", sei que a situación da nosa sociedade é complexa, as perspectivas de futuro parece que se presentan cheas de temores e pesimismo, non obstante, coa confianza posta en Deus pídovos que non perdades a esperanza. Xuntos podemos construír un mundo mellor se nos deixamos gañar o corazón polo Señor. De todos espero que non descoidemos a atención ás institucións de caridade e beneficencia dirixidas pola Diocese; na medida que sexamos xenerosos e saibamos compartir, gañaremos máis en humanidade e en graza”.



“Invítovos a que volvamos a mirada do noso corazón a Santa María, que ela sexa esa estrela da nova evanxelización á que nos está a convocar a Súa Santidade Bieito dezaséis e á que, dende este momento, vos invito a todos os homes e mulleres desta nobre terra de Ourense. Que San Martín e Santa María Nai nos axuden a todos. Que Deus vos bendiga! E moitas, moitas grazas por todo o voso cariño e polas vosas oracións!”

Benvido Don Leonardo e os mellores desexos dun ministerio episcopal longo e fructífero a fronte da Igrexa ourensá.