jueves, 9 de febrero de 2012

Comparecencia ministerial na Comisión de Fomento

Hoxe ás trece e corenta e cinco minutos da tarde comezamos a sesión da Comisión de Fomento, na que compareceu por primeira vez nesta Lexislatura a ministra de Fomento, dona Ana Pastor Julián.
 
Expuxo diante da Comisión cunha enorme amplitude e detalle a política do Ministerio de Fomento en materia de infraestruturas, transporte e vivenda para os próximos anos.

De seguido interviron os voceiros dos distintos Grupos Parlamentarios, que foron respostados pola Ministra e tras un segundo turno rematamos a sesión ás 20,45 horas da tarde.

Sen dúbida un intenso e interesante debate que pode ser lido no Diario de Sesións:

http://www.congreso.es/public_oficiales/L10/CONG/DS/CO/CO_038.PDF