lunes, 20 de febrero de 2012

Sobre as medidas temporais en materias do emprego publico

Considero especialmente relevantes as medidas temporais en determinadas materias do emprego público aprobadas pola Xunta de Galicia e que se materializan nun proxecto de lei remitido ao Parlamento de Galicia.

Trátanse de medidas de eficiencia para a Administración que persiguen un triplo obxectivo:

• Permiten manter os salarios dos empregados públicos (consideramos máis xusto estas medidas que baixar de novo as retribucións, como xa fixo o anterior Goberno central e recentemente Cataluña).

• Permiten blindar a prestación dos servizos públicos esenciais.

• Permiten un aforro de entre 75 a 85 millóns ao ano.

Son medidas temporais   (obxecto de revisión aos 2 anos atendendo a magnitudes económicas –evolución do PIB-)  e que se toman nun momento de grandes dificultades económicas.

 - Afectan a situacións que podían ser sostibles en épocas de bonanza, pero que neste momento temos que modificar para manter os salarios. Hai que lembrar que o capítulo de persoal absorbe máis do 40% do orzamento da Xunta.

- O primeiro esforzo recae nos ex altos cargos, que son os únicos que ven diminuídas as súas retribucións, coa suspensión do plus de altos cargos. Só o fixo Galicia e outra comunidade. Facúltase ao Consello da Xunta para revisar as retribucións de calquera tipo que perciben os directivos dos entes intrumentais.

- Todas as medidas aprobadas xa están implantadas noutras comunidades. Non se contén ningunha medida adicional e o seu impacto é igual ou inferior ao que teñen noutras autonomías.

- Non terán repercusión na prestación do servizo.

Compre salientar que dende o principio a Administración mostrou toda a súa vontade para negociar estas medidas cos sindicatos.

- Nese período a Conselleira mantivo primeiro unha reunión con cada un dos sindicatos, posteriormente  a través do director de Función Pública na Mesa Xeral de Empregados Públicos e, finalmente, na Comisión de Persoal.

- Quince días e tres encontros que os sindicatos non aproveitaron para formular alternativas.
- O goberno galego, por responsabilidade e a inciativa propia, decidiu mellorar o texto inicial nun dos temas que máis preocupaban aos empregados públicos, o regulamento da incapacidade temporal, que no texto definitivo recolle mellores condicións que o resto de comunidades autónomas nas que se ten implantado esta medida (País Vasco, Madrid, Canarias, Valencia e La Rioja).

ÁMBITO DE APLICACIÓN:
- Estas medidas afectarán a todo o persoal dependente da Administración autonómica.

- Os empregados públicos galegos seguirán tendo os mesmos días de vacacións e manterán os mesmos días de libre disposición que teñen recoñecidos os empregados estatais, segundo o Estatuto Básico do Empregado Público.

- A aprobación desta lei non implica a redución da xornada nin para os funcionarios nin para o persoal interino. Os funcionarios e persoal laboral terán a posibilidade, voluntaria, de pedir a redución ata un terzo; mentres que os interinos e temporais non a verán modificada como norma xeral.