Hoxe acudín ao Palacio Provincial Ourense ao acto de elección mediante voto secreto en urna e posterior toma de posesión de José Manuel Baltar Blanco como presidente da Deputación Provincial.
O salón de plenos estaba ateigado e ao mesmo asistiu unha ampla representación política encabezada pola presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo ; o delegado do Goberno, Samuel Juárez e catro conselleiros da Xunta de Galicia.
Tras xurar o cargo pronunciou un sentido discurso comprometendo o seu traballo en beneficio de Ourense.
O meu sincero desexo de moito éxito para José Manuel Baltar á fronte da Corporación Provincial.