Hoxe madruguéi para tomar en Ourense as 5,20 horas o tren hotel con destino Coruña e así poder participar ña viaxe inaugural do tren Avant Pola nova liña de alta velocidade entre a cidade heculina, Santiago e Ourense.
Escribo estas letras desde o vagón deste tren nocturno de longa distancia que une Madrid e Galicia, a media hora de chegar ao destino.
Repaso no iPad os arquivos que gardo relativos a esta liña de ave, que levo seguindo desde o ano 2001, e vexo esta foto sacada en 2008 que recorda o anuncio que o Ministerio de Fomento (entón dirixido polo PP) colocou no ano 2004 no barrio do Pino, en Ourense, dando testemuño do inicio destas obras que felizmente culminan agora.
Por fin chegou unha data tan agardada!