jueves, 8 de diciembre de 2011

Sobre o AVE a Galicia


Esta semana xerouse unha polémica artificial e desde logo non inocente que pretende deslizar a idea de que o Partido Popular nesta breve fase de traspaso de poderes está freando as licitacións de de as infraestruturas do Estado entre as que se atoparía Ave a Galicia.

O único certo é que a data de hoxe o goberno socialista o único que ten facultades executivas e o BOE á súa disposición ten - segundo os meus cálculos- pendente de licitar entre Requejo e Ourense obras de plataforma por importe de 1.517,31 millóns de € e aproximadamente 2.535,60 millóns de € pendentes de adxudicar.

Todos estes trámites de licitación, de haberse cumprido polo Ministerio de Fomento o Pacto do Obradoiro, deberían haberse cumprimentado dentro do ano 2010.

Resulta pués sorprendente que os que foron os responsables desta situación, sexan os que alimenten esta polémica. Que mágoa.

Unha vez mais recordo que o AVE a Galicia vai a ser unha prioridade para o novo Goberno, xa que é un compromiso asumido por Mariano Rajoy e, desde logo, a Xunta ten a mellor disposición para cooperar lealmente co Goberno do Estado e conseguir aquelo que lle interesa a Galicia.

Seguiremos traballando arreo para conseguilo.

http://www.laregion.es/noticia/185446/nunez/feijoo/asegura/ourense/madrid/estara/

http://www.laregion.es/noticia/185447/adjudicadas/obras/millones/