Hoxe pola mañá acudín ao Auditorio Municipal de Ourense que acolleu o acto institucional no que se conmemora o XXXIII Aniversario da Carta Magna e no que se fixo entrega dos premios da XXVIII edición do Concurso da Constitución aos 42 escolares gañadores.
Presidiu o acto o subdelegado do Goberno en Ourense, Camilo Ocampo, que no seu discurso aludiu á pedagoxía democrática que supón este acto no que as autoridades democráticas comparten espazo cos nenos e mozos ao redor da nosa Constitución.
O acto contou coa actuación da Banda de Música municipal de Ourense que interpretou varias pezas e pechou tocando os himnos de Galicia e España.