Candidaturas do PP de G para ás Cortes Xerais


Onte o Partido Popular de Galicia deu a coñecer que acudirá á cita do 20 N con candidaturas que combinarán renovación e experiencia, e nas que dous terzos dos aspirantes (15 de 23, un 65,2%) optan a debutar como deputados nacionais. Ademais, a maioría dos candidatos do PPdeG a uns comicios xerais serán mulleres (12 de 23, un 52,17%).

No caso do Senado, a renovación é do 33,3% (4 de 12), cun 41,67% de mulleres (5) e un 58,3% de homes (7).

As listas do PP de Galicia pola provincia de Ourense son:

Congreso

1. Celso Delgado
2. Guillermo Collarte
3. Ana Belén Vázquez
4. Jackeline Elisabeth Fernández Macías

Senado

1. Carmen Leyte
2. Miguel Pérez de Juan
3. Francisco José Fernández Pérez

É o momento  de agradecer e moito o traballo prestado por parlamentarios que o foron na pasada legislatura, como Jesús Vázquez que foi deputado ata que foi chamado para asumir a importante tarefa de liderar a Consellería de Educación (por certo con gran eficacia), e a de Amador Vázquez e Isaac Vila, que fixeron un gran traballo no Senado.

Con la tecnología de Blogger.