viernes, 14 de octubre de 2011

Visita de Alicia Sánchez Camacho a Ourense



Hoxe visitou Ourense a presidenta do PP de Cataluña, Alicia Sánchez-Camacho, invitada polo PPOU . En primeiro lugar estivo nun almorzo informativo co presidente provincial, Manuel Baltar, así como co voceiro municipal, Rosendo Fernández, e tamén eu como co cabeza de lista nas vindeiras Eleccións Xerais do 20-N.

Manuel Baltar lembrou que o obxectivo do PPOU de cara aos próximos comicios é recuperar o terceiro deputado popular por Ourense e manter os actuais tres representantes na Cámara Alta.

Pola súa parte Alicia Sánchez Camacho,afirmou con rotundidade que “de Galicia va a salir el próximo presidente del Gobierno”, lembrando que en Galicia está, precisamente, “el símbolo del cambio que se verá en España a partir del 20 de noviembre”, en referencia á xestión de Alberto Núñez Feijóo ao fronte da Xunta de Galicia. De feito, sinalou que moitas das iniciativas adoptadas polo Executivo Galego estanse a tramitar actualmente no Parlamento de Cataluña, como é o acceso aos medicamentos xenérico.

Pola miña parte, destaquei a calidade política de Alicia Sánchez coa que compartín unha lexislatura no Congreso e a preguntas dos periodistas dixen que agradecía o respaldo do PP a nivel provincial, autonómico e nacional, por decidir que fora cabeza de lista é que agardaba estar a altura de tanta confianza recibida e falei de que a miña preocupación e que o noso proxecto político dé respostas aos 24.954 parados da provincia que son persoas que buscan en nos unha alternativa e unha esperanza.

Logo da rolda de prensa, paseamos polas rúas da cidade ata chegar a sede onde tivo lugar un “Debate Popular” organizado por María Antonia Rilo, que foi un rotundo éxito, pola locuacidade e a personalidade de Alicia Sánchez Camacho, a que agradezo o seu apoio.

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2011/10/15/delgado-siento-apoyado-comite-local-pp/588574.html
http://www.laregion.es/noticia/176014/sanchez-camacho/apuesta/reforma/laboral/fiscal/
http://www.europapress.es/nacional/noticia-sanchez-camacho-proclama-lista-pp-madrid-encabeza-rajoy-demuestra-credibilidad-proyecto-serio-20111014155110.html
http://www.ourensedixital.com/_novas/11/10/15_02.htm