domingo, 30 de octubre de 2011

Novas autorizacións de licitación do AVE


O Consello de Ministros do pasado día 28 autorizou ao Ministerio de Fomento a licitar, a través de Adif, as obras de plataforma de dous novos tramos na Liña de Alta Velocidade Madrid-Galicia:

- Tramo Túnel do Padornelo-Lubián, que discorre polos termos municipais de Requejo e Lubián, na provincia de Zamora e ten unha lonxitude de 7,6 km. Conta cun importe de licitación de 133.606.391,9 euros (IVE incluído).

- Tramo Prado-Porto, cunha lonxitude de 9,1 km na vía dereita e 1,6 km na vía esquerda. Discorre polos termos municipais de Laza e Vilar de Barrio (Ourense) e conta cun orzamento de licitación de 171.845.423,8 euros (IVE incluído).

O importe conxunto destas dúas autorizacións de licitación ascende a 305.451.815,7 euros.

Unha boa noticia que por suposto celebramos, ao tempo que lembramos que o Ministerio de Fomento comprometeuse no Pacto do Obradoiro a que estas licitacións realizásense antes de 31 de decembro de 2010, non cumprindo.

 E finalmente en abril de 2011 comprometeuse a licitar neste mes de outubro un total de catro tramos por importe de 602,29 millóns de euros.

O certo é que Fomento non cumpriu novamente as súas previsións e só autorizou a licitación de dous tramos, e restaron xa que logo por licitar outros dous: "Túnel do Espiño vía esquerda" e "Túnel do Espiño vía dereita", por importe de 297,29 millóns de euros.

Se os meus cálculos non fallan quedan por licitar de plataforma entre Requejo e Ourense un total de 1.795,28 millóns e euros, o 50 % de 3.046 millóns de euros.