O pasado venres o INE deu a coñecer os datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA), correspondentes ao terceiro trimestre de 2011.
Son os seguintes:
Ourense
A taxa de paro en Ourense no terceiro trimestre do presente ano situouse nun 17,54 por cento. (24.200 parados en total). No segundo trimestre de 2011 situábase no 17,35 por cento (24.400 parados). Baixa o paro en 200 persoas, aínda que medra unhas décimas en porcentaxe.
O número de ocupados no terceiro trimestre do ano 2011 situouse en 113.700, inferior aos 116.300 do segundo trimestre de 2011. Baixa a ocupación en 2.600 persoas.
A taxa de actividade sitúase no 48,35 % inferior a taxa do segundo trimestre de 2011: 49,24 %.
Estos datos referidos a Ourense reflicten que seguimos a manter o diferencial positivo coa taxa de paro en España, que neste tereciro trimestre situouse no 21,52 % , pero a taxa de Ourense ten diferencial negativo respecto da de Galicia que situouse no 17,25 %.
Resulta extremadamente preocupante que a tasa de actividade de Ourense (48,35%) sexa a mais baixa do Estado, alonxada da media nacional do 60,11%.
Galicia
A taxa de paro en Galicia no terceiro trimestre do ano 2011 situouse nun 17,25 por cento (226.500 parados en total). No segundo trimestre de 2011 situábase no 16,75 por cento (219.600). Medra o paro en 6.900 persoas.
O número de ocupados no terceiro trimestre do ano 2011 situouse en 1.087.000 inferior os 1.091.400 do segundo trimestre de 2011. Baixa en 4.400 persoas.
A taxa de actividade sitúase no 55,27 % % lixeiramente superior a taxa do primeiro trimestre, 55,14 %.
Galicia segue mantendo un diferencial positivo coa media do Estado respecto á taxa de desemprego, 17,25 % fronte ao 21,52 % estatal. Mantemos pois o diferencial positivo en catro puntos.
España
A taxa de paro en España no terceiro trimestre do presente ano situouse nun 21,52 por cento (4.978.300 parados en total). No segundo trimestre de 2011 situábase no 20,89 por cento (4.833.700 parados). Medra o paro en 144.600 persoas.
O número de ocupados no segundo trimestre do ano 2011 situouse en 18.156.300, inferior aos 18.303.000 do segundo trimestre de 2011. Baixa a ocupación en 146.700 persoas.
A taxa de actividade sitúase no 60,11 % lixeiramente superior a taxa do segundo trimestre de 2011: 60,12 %.
403.600 persoas perderon o seu traballo este ano, segundo a EPA.
As políticas socialistas de emprego castigan especialmente ás mulleres: por cada novo parado hai tres novas paradas. As mulleres tiveron 114.000 empregos menos, fronte aos 32.800 empregos menos dos homes.