Balance de Lexislatura no Barco de Valdeorras



O venres estiven no Barco de Valdeorras e pola tarde en compañía do portavoz do PP nesa Vila Moisés Blanco, fixen un balance da lexislatura en relación con esa localidade e a comarca.

No ámbito laboral informei da evolución do paro rexistrado no Barco na presente lexislatura comparando o mes de marzo de 2008 co de setembro de 2011. Neste período pasáronse de 749 a 1.091 parados, é dicir 342 máis, o que supón un crecemento do 45,66 %, superior ao provincial do 24,47 % e ao de Galicia 45,51 %.

Crecemento do paro en 342 persoas que afectou sensiblemente ao sector da construción cun medre do 111,47 % e ao sector industrial que creceu un 46,94 %

Dei conta do dato do informe comarcal da CEO, recentemente presentado, que evidencia que na comparativa do período de xuño de 2007 a xuño de 2011, o número de empresas no Réxime Xeral da Seguridade Social no Barco pasou de 602 a 539 , o que supón un descenso do 10,47 % e na comarca de Valdeorras, pasouse de 1.071 empresas a 972, un 9,24 % menos, que é o peor dato da provincia.

Tamén analicei os incumprimentos do goberno do PSOE en relación cos investimentos do Ministerio de Fomento:

- Circunvalación do Barco: pendente de adxudicar a redacción do proxecto de trazado e construción. En dúas lexislaturas socialistas, non hai un só metro dos 5.700 que ten en obras.

- Autovía Ourense-Ponferrada: Aínda non tivo lugar a licitación da redacción dos proxectos desta autovía de 125 Km, a pesar de que se comprometeu a data de 2010 para facelo.

- AVE Monforte-Ponferrada: O ministro Blanco publicamente en xullo de 2010 rexeitou que se faga este tramo con características de alta velocidade, relegándoa ao tráfico de mercadorías.


http://www.laregion.es/noticia/178589/celso/delgado/licitacion/proyecto/autovia/
http://www.diariodeleon.es/noticias/bierzo/el-pp-gallego-urge-licitacion-de-autovia-de-ponferrada-a-orense_643059.html
Con la tecnología de Blogger.