miércoles, 12 de octubre de 2011

Na festa da Garda Civil de Ourense




Hoxe é o día do Pilar e conmemórase a festa da patrona da Garda Civil e por iso acudin ao acuertelamento de Santa Mariña, sede da Comandancia de Ourense, onde tras unha misa, tiveron lugar os discursos así como a entrega de condecoracións e a sentida homenaxe aos caídos en acto de servizo.

O meu recoñecemento á abnegada e eficaz labor que realiza en Ourense este benemérito Instituto Armado de natureza militar fundado en 1844 que forma parte das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e ao que a Constitución fíxalle a misión primordial de protexer o libre exercicio dos dereitos e liberdades dos españois e garantir a seguridade cidadá.