lunes, 10 de octubre de 2011

Licitacións do AVE da Meseta


O Consello de Ministros do pasado venres 7 de outubro autorizou ao Ministerio de Fomento a licitar, a través de Adif, as obras de plataforma de dous novos tramos da Liña de Alta Velocidade Madrid-Galicia situados no termo municipal de Laza (Ourense), cun investimento total de 281 millóns de euros (IVE incluído).

Os tramos son Cerdedelo-Prado (8,85 km), que conta cun orzamento de licitación de 137.744.360,6 euros. e o Túnel do Corno (vía dereita, 8,75 Km), cuxo importe ascende a 143.291.799,4 euros.

Como sempre que se produce un paso adiante alégrome pola decisión tomada, á vez que recordo que estas licitacións deberían haberse producido antes de 31 de decembro do ano 2010.

 Chegan con máis de dez meses de atraso sobre a data comprometida no Pacto do Obradoiro.

Polo que se refire ás obras da plataforma do AVE entre Requejo e Ourense, neste ano, o Ministerio de Fomento licitou un total de 9 contratos que teñen uns importes de licitación de 945.270.572,22 € (o 31 % de 3.046 millóns, que é a cifra que ADIF debe licitar polo procedemento de concurso público convencional)

Se os meus cálculos non fallan, ao día de hoxe quedarían por licitar 2.100,27 millóns, o 69% dos aludidos 3.046 millóns.

Polo que se refire ás adxudicacións a data de hoxe restarían pendentes 3.097,5 millóns de euros.