O exemplar traballo de Aspanas


Hoxe pola tarde acudín ao Auditorio para asistir á II Gala de Aspanas. Alí tivo lugar a presentación dun proxecto de integración laboral, baixo o lema "Aprendo a vivir nun mundo mellor". E fíxose mediante a representación teatral da obra "Na procura dun soño" interpretada por traballadores do centro especial de emprego de Aspanas, coa colaboración dos actores tan coñecidos como Ernesto Chao.

A Asociación de Pais en Favor de Persoas con Atraso Mental de Ourense (ASPANAS) naceu en 1965 e promoveu inxentes iniciativas para fomentar a integración laboral e social de persoas con discapacidade intelectual en toda a provincia.

Nos seus Centros Especiais dáse emprego a moitos discapacitados que se ocupan en diversos traballos: limpeza de parques e a recollida selectiva en oficinas e locais da cidade, a xestión do cámping municipal de Untes así como as instalacións termais de Outariz e en zonas rurais de varios municipios da provincia.

Tamén foi presentada na Gala un videoxogo creado desde Ourense con fins solidarios e que protagoniza un novo personaxe: o Capitán Aspanitas, que coas súas amigos loita para conseguir un mundo máis xusto, igualitario e solidario.

Parabén a ASPANAS polo seu exemplar traballo.
Con la tecnología de Blogger.