Lumes forestais


Estos días de especiais condicións climatolóxicas, polas altas temperaturas e a ausencia de precipitacións, a nosa provincia está sendo moi afectada polos lumes forestais e moi especialmente a comarca de Verín.

Onte mesmo puiden constatar ao meu paso en coche pola A.52 en A Gudiña, esta enorme columna de fume.

Hai que lamentar profundamente o accidente acontecido en Monterrei no que onte faleceu o piloto dunha aeronave, D Íñigo Zubiaga Pagadigorría mentres traballaba nos labores de extinción dun incendio forestal.

O meu mais sincero pésame á súa familia e o recoñecemento ao esforzo despregado polos efectivos de loita contra o lume, as brigadas da Consellería e tamén o apoio da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Con la tecnología de Blogger.