No Santuario da Virxe das Ermitas


Hoxe pola tarde viaxei ao concello do Bolo, á localidade das Ermitas. Acudín ao Santuario da Virxe das Ermidas para asistir a un concerto a cargo da Coral lusa “Associaçao Cultural de Recardäes”, que por certo fíxoo moi ben.

Tiven unha vez mais a oportunidade de gozar da enorme beleza desta localidade e do seu magnífico santuario barroco, onde se respira paz e espiritualidade.

É de xustiza recoñecer o extraordinario traballo que está realizando a Fundación A nosa Señora das Ermidas con D. Luís Maroto á fronte, que non só se ocupa de preservar esta xoia do noso patrimonio, senón tamén de divulgar e dar a coñecer a súa historia e a propia existencia do Santuario.

http://www.obolo.es/principal.htm

http://www.santuariolasermitas.com/
Con la tecnología de Blogger.