Tivemos hoxe unha boa novoa, o Parlamento de Galicia aprobou o teito de gasto non financieiro, para 2012 por un importe de 9.172 millóns de euros.
Así Galicia se anticipa de novo e se converte na primeira autonomía en aprobar un teito de gasto, o que sen dúbida que aportará transparencia e certidume ao escenario financeiro, disciplina e estabilidade na toma de decisións orzamentarias e permitirá adaptar as prioridades e a estratexia económica ás posibilidades de gasto.
Este teito é necesario para formular os orzamentos para 2012, que deberán ser construídos sobre bases sólidas e realistas, útiles para a recuperación económica e a creación de emprego, e que contribúan a aportar solvencia á economía española e que manteñan a solidariedade e a cohesión social.
A Conselleira de Facenda, Marta Fernández Currás, dixo no debate que son obxectivos perfectamente compatibles co teito de gasto fixado, froito dunha política orzamentaria prudente, realista e que permitiu, a través dun continuo exercicio de contención, manter o necesario marxe de manobra para afrontar con sacrificio, pero con solvencia, o peor desta crise.
Causa perplexidade que o Grupo Socialista non apoiara esta proposta de teito de gasto. Os argumentos do Partido Socialista, expostos hoxe no Parlamento de Galicia, carecen de consistencia e sí estiman que a Xunta debería gastar máis, de entrada poderían facer algo para que o Goberno de Zapatero cumprira o sistema de financiamento autónomico como marca a lei e apoiase a importante proposta e consideración que fixo Mariano Rajoy en días pasados en Galicia, no senso de que se chega á Presidencia do Goberno central adiaría a 10 anos as devolucións das liquidacións negativas correspondentes aos anos 2008 e 2009, que eles msmos xeraron tanto desde o Goberno de Madrid como da Xunta.