sábado, 24 de septiembre de 2011

En Termatalia: unha feira profesional do turismo termal


Onte asistín en Expourense ao acto inaugural da XI edición da Feira Internacional de Turismo "Termatalia", que presidiu o conselleiro de Cultura, Roberto Varela.

Un feira moi profesional que conta cun total de 221 expositores de 27 países de catro continentes e que nesta ocasión ten como país invitado a Arxentina.

E hoxe pola tarde tiven a oportunidade de percorrer con máis tranquilidade esta Feira e así tiven a oportunidade de tomar contacto cos expositores e coñecer a realidade dun sector de gran presente e mellor futuro.

Parabén a Expourense pola perfecta organización e o éxito da Feira.