En Soutomaior: Rajoy invita a todos os cidadáns a sumarse a un gran proxecto compartido, sen exclusións, sen divisións, sen distincións e sen demoras



Hoxe os populares galegos celebramos o inicio oficial do curso nun acto celebrado no castelo de Soutomaior.

Despois do presidente, Alberto Núñez Feijóo, inteveu Mariano Rajoy quen nun serio discurso, advertiu que nos atopamos ante un dos cursos políticos máis cruciais da nosa democracia, porque achámonos ante unha desas grandes encrucilladas ás que unha nación ha de facer fronte no curso da súa historia.

Pedíu un mandato claro para afrontar “unha das maiores empresas modernizadoras da nosa democracia, desde a centralidade, a moderación e desde a concordia. Non queremos nin crispación, nin leas, nin disputas, nin problemas. Queremos resolver os problemas reais que teñen os españois”.

Neste sentido, asegurou que “o PP solicita do concurso de todos os españois -votárannos antes ou non-, porque temos un gran proxecto, que queremos compartir con todos os españois e queremos gobernar para todos e con todos”. Así, invitou a todos os cidadáns a sumarse “a un gran proxecto compartido, sen exclusións, sen divisións, sen distincións e sen demoras”.

Afirmou que “España non necesita hoxe só a uns poucos, senón a unha inmensa maioría de españois que teñan claro que o obxectivo nacional é a recuperación económica, crecer, crear emprego e volver ser o gran país que todos queremos que sexa”

Segundo Mariano Rajoy, as razóns da situación límite que atravesa o noso país resúmense en que o Executivo foi “a primeira fonte de inestabilidade da nosa economía e o maior foco dos nosos desequilibrios ata dilapidar a mellor herdanza recibida nunca por un goberno na recente democracia española”

”Todo o mundo coñece os recortes, os cambios constantes de criterio, as improvisacións, o gobernar só pensando no que pode ocorrer nas próximas 24 horas. Pero de nada serve lamentarse, porque iso só conduce á nostalxia estéril e á frustración. Conforme se achegan as eleccións, esa xestión e ese goberno pasan paulatina e afortunadamente, a formar parte do pasado. O legado haberá de servir sempre de recordatorio sobre o que nunca hai que facer”, subliñou.

En opinión de Rajoy, o que hai que facer agora é mirar ao futuro, porque “espéranos unha tarefa moi difícil por diante. Saír de onde estamos non vai ser fácil, pero imos superar todas as dificultades. A pesar do inmenso dano, non existe crise o suficientemente profunda que non podamos superar, grazas á capacidade dos nosos traballadores, a puxanza dos nosos emprendedores ou a competitividade de gran parte das nosas empresas”.

Logo, o presidente do PP debullou as prioridades do seu goberno se os españois danlle a confianza o próximo 20 de novembro, que se caracterizará polo súa preparación e a súa solvencia: Neste sentido sinalou que o goberno do PP fixará un plan para catro anos, será austero no gasto, xestionará con rigor e transparencia os servizos públicos para garantir a nosa sociedade do benestar e porá en marcha de forma inmediata un plan de aforro e racionalización do sector público para que as administracións sexan o factor de dinamización que necesita o noso tecido produtivo.

En definitiva, continuou Rajoy, un goberno “comprometido cos intereses de todos os españois e que devolva a confianza ás case cinco millóns de persoas que teñen suspendidos os seus proxectos de vida porque non poden traballar, que apoie de verdade aos emprendedores e aos autónomos porque sen eles, sen o seu traballo e esforzo non imos saír desta crise”

Tamen manifestou que “Imos proporlle aos españois un goberno que impida que os quintacolumnistas do terrorismo fagan uso das institucións democráticas para incumprir as leis con total impunidade, un goberno que devolva o prestixio ás institucións, que devolva a concordia á nosa convivencia e a igualdade de oportunidades a unha educación pública situada no vértice da pirámide da nosa competitividade”,

A xuízo do presidente do PP, a diferenza á hora de gobernar entre uns e outros se demostra en que “a nosa é unha onda de austeridade que preserva os servizos públicos fundamentais, como a Sanidade e a Educación. Mentres uns crense que se atalla o déficit público aumentando os impostos e facendo recortes sociais, nós cremos que se pode reducir eliminando o gasto corrente e facendo unha política que xere crecemento económico e ingresos para as administracións”, explicou.

Doutra banda, o líder do PP mostrouse “moi contento” coa reforma constitucional aprobada onte no Congreso, que “votou a inmensa maioría dos españois”, e que ao seu xuízo servirá para dar confianza á nosa economía. “foi moi ben recibida fóra de España, vai na liña do que pide Europa, non gastar o que non se ten e non endebedarse ata o infinito, fortalece o euro, a Europa e é a base para a recuperación económica e a creación de emprego”, asegurou.

No entanto, Rajoy reclamou que non se espere ata o ano 2020 para alcanzar a estabilidade orzamentaria, senón que hai que empezar desde xa, establecendo uns teitos de gasto, déficit e endebedamento para todas as administracións.







Con la tecnología de Blogger.