Hoxe foron coñecidos os datos oficiais de paro rexistrado de agosto de 2011.
Os datos son os seguintes:
PARO REXISTRADO:
OURENSE:
A 31 de agosto de 2011 había na provincia de Ourense: 24.295 parados rexistrados, 187 menos que en xullo de 2011 (- 0,76 %) e 775 mais que en agosto de 2010 (3,30 %)
Distribución por sexo
11.188 homes
13.107 mulleres
Distribución por idades
2.047 menores de 25 anos
22.248 maiores de 25 anos
Distribución por sectores: 825 na agricultura, 3.561 na industria, 3.851 na construcción, 12.844 nos servizos e 3.214 sen emprego anterior.
GALICIA:
En Galicia o paro medra en relación co mes anterior en 1.582 persoas (0,71 %). Pechamos agosto con 224.582 parados, 13.050 máis que fai un ano (6,17 %).
Distribución por sexo
104.985 homes
119.597 mulleres
Distribución por idades
18.877 menores de 25 anos
205.705 maiores de 25 anos
Distribución por sectores
5.706 na agricultura, 34.565 na industria, 36.684 na construcción, 121.034 nos servizos e 26.593 sen emprego anterior.
En termos relativos, Galicia é a terceira comunidade autónoma onde menos aumenta o paro rexistrado sobre as comunidades onde aumentou este mes de agosto (Illas Baleares e País Vasco).
Na evolución do mes de agosto, o incremento de 1.582 persoas desempregadas é menor ao incremento producido agosto de 2010 cando o aumento foi de 1.743 persoas desempregadas.
A cifra de evolución no mes de agosto é un dato que hai que valorar, na medida en que o incremento é inferior ao dos últimos tres anos, pero non podemos falar aínda dun cambio de tendencia e debemos ser prudentes.
Na evolución anual, é dicir, no que vai de ano, o número de parados descendeu en 12.731 persoas, o que supón unha baixada do 5,36%.
En termos interanuais, o número de parados en Galicia aumentou en 13.050 persoas, o que representa en valores porcentuais un 6,17%.
O aumento do paro, na evolución interanual, continua a súa reducción. Se de agosto/2009 a agosto/2010 aumentaba en 16.291 persoas, de agosto/2010 a agosto/2011 o incremento foi de 13.050 persoas, isto é, unha diminución de 3.241 persoas. Este dato interanual vén a confirmar a contención da destrución de emprego.
ESPAÑA:
No conxunto de España o paro medra en relación co mes anterior en 51.805 persoas (1,25 %).
Pechamos pois agosto con 4.130.927 parados, 161.266 máis que fai un ano (4,06 %.)
Distribución por sexo
2.029.601 homes
2.101.326 mulleres
Distribución por idades
417.510 menores de 25 anos
3.713.417 maiores de 25 anos
Distribución por sectores
138.742 na agricultura, 480.699 na industria, 732.622 na construcción, 2.416.182 nos servizos e 362.682 sen emprego anterior.
Despois de catro meses seguidos de baixadas volveu medrar o paro no conxunto do País, amosando que seguemos sen ver a saída definitiva da crise.
Fonte: Servizo Estatal de Emprego.