viernes, 8 de julio de 2011

Feijóo oferta un Pacto de Concentración

 
Hoxe asistín en Madrid a un desayuno informativo, organizado por Nueva Economía Fórum no que pronunciou unha interesante conferencia o presidente da Xunta Alberto Núñez, sendo presentado por Mariano Rajoy.
 
Nunha alocución chea de contido, apostou por acadar un “pacto de concentración” para as dúas prioridades que, ao seu xuízo, España: “o saneamento completo da Facenda Pública e a sustentabilidade dos servizos sociais básicos e, de forma concreta, a sanidade pública”.
 
Mostrouse convencido de que ese gran acordo, “tan necesario”, se iniciará logo das eleccións xerais, e avogou por non esperar para iso e comezar a buscalo no Consello de Política Fiscal e Financeira que terá lugar neste mes de xullo, e pechalo nunha Conferencia de Presidentes a celebrar no outono.
 
Reafirmou o compromiso de de Galicia de traballar no camiño de blindar o saneamento da Facenda Pública a través da disciplina orzamentaria e da revisión organizativa das distintas administracións. E aproveitou para por en valor as medidas adoptadas pola Xunta para sanear a sanidade, sen o apoio do Goberno e mesmo con obstáculos pola súa parte, como o recurso ante o Tribunal Constitucional polo catálogo priorizado de medicamentos.

Expuso as suas premisas da forma de xestionar: austeridade, que hoxe ninguén dubida en considerar como “algo fundamental” nas administracións públicas; a planificación, plasmada no Plan Estratéxico da Economía 2010-2014, horizonte 2020, coa que Galicia foi recoñecida polas autoridades comunitarias como unha das poucas rexións europeas en aprobar un documento semellante adaptado á estratexia da UE 20/20; e a estabilidade orzamentaria, grazas á que a nosa é, con Madrid, “unha das dúas comunidades que pechou 2009 e 2010 con estabilidade orzamentaria e unha das tres autonomías que reduciu a débeda das empresas públicas”.

Sen dúbida unha alocución de calado,  seria e con propostas concretas, propia dun presidente autonómico de referencia que quere o mellor para Galicia, pero tamén para o conxunto da Nación.