domingo, 10 de julio de 2011

No Carballiño ña escola de veran “Miguel Angel Blanco”

Hoxe estiven no Carballiño asistindo a dúas interesantes conferencias no marco da escola de verán “Miguel Angel Blanco” do Partido Popular de Ourense.
 
Interveu en primeiro lugar José Xullo Fernández, profesor de Dereito Constitucional e vicevaledor do Pobo que disertou sobre a participación democrática a través das novas tecnoloxías, reflexionando sobre cuestións tan interesantes como o mundo inabarcable de Internet.

A segunda conferencia foi impartido polo profesor de teoría económica, Pedro Arias, que é ademais deputado autonómico e que coa brillantez que lle caracteriza fixo unha amena e profunda reflexión sobre a crise e as súas alternativas.

O presidente do PP no País Vasco, Antonio Basagoiti; a deputada autonómica do grupo popular no País Vasco, María del Mar Blanco; e o presidente do PP de Ourense, Manuel Baltar, clausuraron despois a Escola de Verán cuxo obxectivo foi incrementar a participación política, potenciando o diálogo e a unidade, e achegando propostas que favorezan a interacción entre sociedade e política.

Sen dúbida unha interesante iniciativa.