jueves, 28 de julio de 2011

Na tertulia de Radio Voz, falando do acordado no Consello de Política Fiscal e Financiera



Hoxe celebramos o habitual faladoiro en Radio Voz dos xoves no programa que dirixe Antía Díaz Leal. O tema central foi a valoración do Consello de Política Fiscal e Financeira celebrado onte en Madrid.

A miña opinión é que o resultado final foi claramente negativo para as Comunidades Autónomas y particularmente para Galicia. Entre outros motivos pola negativa do Goberno central de transferir os 243 millons de euros do Fondo de Cooperación e tamén por no atender as reclamacións do adiamento de cinco a dez anos do pago, presentando un sucedáneo que foi a proposta de que o ICO financie a metade da débeda contraida polas autonomías con Estado, cun montante de 24.000 millóns de euros.

Dixen que era lamentable que a proposta que defendian as comunidades gobernadas polo PP, fora rexeitada pese a que non lesionaba as contas do Estado, sendo a formula máis coherente coa situación económica.

Así mesmo recordei que o pasado 3 de xullo Alfredo Pérez Rubalcaba en Santiago de Compostela, anunciaba que o proxecto de orzamentos xerais do Estado para 2012 destinará 8.000 millóns de euros adicionais para as comunidades autónomas para que os destinen ao sistema de saúde. E quedou claro no CPFF de onte que esa afirmación era incerta pois os 8.000 millóns de euros adicionais non son tales, senón que proceden directamente do sistema de financiamento e que corresponden ás liquidacións pendentes do ano 2010, é dicir, ao que o Estado debe transferir ás autonomías porque os ingresos superaron as previsións

En definitiva fronte a actitude no CPFF dunha Xunta que levaba propostas construtivas e pensando tanto no ben de Galicia coma no do resto das comunidades atopamos un Goberno central, autista cos problemas de financiamento das autonomías, incumpridor do pactado, en fase terminal e sen perspectiva ningunha de futuro.