EPA, 2º T: Lixeiro descenso do paro

Hoxe o INE deu a coñecer os datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA), correspondentes ao segundo trimestre de 2011.

Son os seguintes:

Ourense

A taxa de paro en Ourense no segundo trimestre do presente ano situouse nun 17,35 por cento. (24.400 parados en total). No primeiro trimestre de 2011 situábase no 17,92 por cento (24.900 parados). Baixa o paro en 500 persoas.

O número de ocupados no segundo trimestre do ano 2011 situouse en 116.300, superior aos 114.000 do primeiro trimestre de 2011. Sube a ocupación en 2.300 persoas.

A taxa de actividade sitúase no 49,24 % lixeiramente superior a taxa do primeiro trimestre de 2011: 48,43 %

Estos datos referidos a Ourense reflicten que seguimos a manter o diferencial positivo coa taxa de paro en España, que neste segundo trimestre situouse no 20,89 % , pero a taxa de Ourense ten diferencial negativo respecto da de Galicia que situouse no 16.75 %.

Galicia

A taxa de paro en Galicia no segundo trimestre do ano 2011 situouse nun 16,75 por cento (219.600 parados en total). No primeiro trimestre de 2011 situábase no 17,33 por cento (226.500). Baixa o paro en 6.900 persoas.

O número de ocupados no segundo trimestre do ano 2011 situouse en 1.091.400 superior os 1.080.700 do primeiro trimestre de 2011. Medra en 19.700 persoas.

A taxa de actividade sitúase no 55,14 % % lixeiramente superior a taxa do primeiro trimestre, 54,91 %.

Galicia segue mantendo un diferencial positivo coa media do Estado respecto á taxa de desemprego, 17,35 % fronte ao 20,89 % estatal. Mantemos pois o diferencial positivo en catro puntos.

Así, con esta taxa de paro, Galicia é a séptima comunidade coa taxa de paro máis baixa. As taxas de paro máis altas son en Canarias e Andalucía. Navarra e País Vasco son as comunidades con taxas de paro máis baixas

En Galicia o descenso é porcentualmente do -3,05%, isto é, o número de parados descende na nosa Comunidade neste trimestre o dobre que no Estado, no que o número de parados baixa no 1,56%..

O paro baixa en xeral en todas as CCAA (agás en dúas), e tamén na media do estado. En Galicia, prodúcese tamén neste trimestre un incremento do número de activos (3.750) e de ocupados (10.750).

Respecto á evolución interanual (comparativa co segundo trimestre de 2010), a taxa de paro en Galicia aumentou nun 1,17 por cento. No segundo trimestre do pasado ano, a taxa era do 15,58 por cento, e agora está situada no 16,75 por cento. Isto supón un aumento de 17.800 parados en termos interanuais.


España

A taxa de paro en España no segundo trimestre do presente ano situouse nun 20,89 por cento (4.833.700 parados en total). No primeiro trimestre de 2011 situábase no 21,29 por cento (4.910.200 parados). Baixa o paro en 76.500 persoas.

O número de ocupados no segundo trimestre do ano 2011 situouse en 18.303.000, superior aos 18.151.700 do primeiro trimestre de 2011. Sube a ocupación en 151.300 persoas.

A taxa de actividade sitúase no 60,12 % lixeiramente superior a taxa do primeiro trimestre de 2011: 59,88 %
Con la tecnología de Blogger.