miércoles, 27 de julio de 2011

Sobre a crise grega e as solucions da zona euro


Hoxe tivemos sesión extraordinaria do Pleno na que compareceu o presidente do Goberno, José Luís Rodríguez Zapatero para informar, a petición propia, sobre a reunión dos xefes de Estado ou de Goberno da zona euro celebrada en Bruxelas o día 21 de xullo.

Ao comezo da sesión plenaria gardamos un minuto de silencio en homenaxe aos falecidos nos actos terriblemente violentos perpetrados o pasado venres en Noruega.

Como era lóxico o debate tivo como centro principal a crise de Grecia.

Polo noso Grupo interveu Mariano Rajoy que inicialmente recordou que non era a primeira vez que debatiamos no Congreso sobre a crise grega, pois o 21 de abril do pasado ano estabamos tratando sobre a primeira operación de rescate financeiro de Grecia, e demos respaldo a que España puxese a disposición da república helénica ata 3.675 millóns de euros e baixo a premisa de que “apoiar a Grecia equivale a defender ao euro e á Unión Europea”

En relación ao segundo rescate, Rajoy expresou o noso apoio ás resolucións tomadas no pasado Cume de Xefes de Estado e de Goberno da Eurozona, tras constatar que nin os prazos nin os tipos de interese aplicados aos créditos concedidos a Grecia - no primeiro rescate - permitían a ese país facer fronte aos seus compromisos de pago, dada a súa situación, e fixese o que fixese con axústes orzamentarios e as necesarias reformas estruturais da súa economía.

Este é o link da súa intervención completa


http://www.pp.es/actualidad-noticia/senor-zapatero-14-meses-despues-seguimos-esperando-reformas-necesarias-ahorros-que-nos-anuncio-entonces_5263.html