domingo, 17 de julio de 2011

Test de estrés superado por NCG


A última hora do venres coñecimos que Novacaixagalicia superou as probas de resistencia realizadas pola Autoridade Bancaria Europea (EBA) a 91 entidades financeiras europeas cos datos de peche do exercicio 2010.
 
Así NCG alcanzaría un core tier 1 do 5,3% no escenario económico máis adverso para 2011 e 2012, capital que chega ao 6,5% se se consideran as provisións xenéricas fixadas polo Banco de España.

Unha excelente noticia para a nosa caixa que tamén superou o test de estrés realizado no ano anterior, e que confirma que Galicia debe permanecer no mapa financeiro español cunha forte e solvente entidade que é froito dunha fusión equilibrada e paritaria.

O conxunto dos resultados, evidencia que as entidades financeiras españolas son as máis transparentes. En España foron avaliadas 25, o 95% do sistema financeiro español e o 27,5% do total avaliado en Europa; e  neste caso na Unión a avaliación limitouse a 91, o 60% do sistema financeiro europeo.