domingo, 17 de julio de 2011

Anuncio de licitación de obras na plataforma do AVE da Meseta



O venres no Consello de Ministros autorizou ao Ministerio de Fomento a licitar, a través de ADIF, a construción de dous novos tramos da plataforma na Liña de Alta Velocidade Madrid-Galicia, nas provincias de Zamora e Ourense, cun investimento conxunto de 175.201.742 euros.

Trátase dos seguintes tremos:

- Requejo-Túnel de Padornelo, de 4,1 km de lonxitude e que discorre polo termo municipal de Requejo, na provincia de Zamora, conta cun orzamento de licitación de 85.599.463,3 euros. O proxecto contempla a construción neste tramo do viaduto dos Pedregales (880 m de lonxitude) e a execución do túnel de Requejo, de 2.404,5 m de lonxitude.

- Túnel do Cañizo (vía esquerda), de 5,6 km de lonxitude, cun orzamento de licitación de 89.602.278,8 euros, IVE incluído, e discorre polos termos municipais da Mezquita e A Gudiña; ambos os situados na provincia de Ourense. O proxecto contempla a construción neste subtramo do Túnel do Cañizo (vía esquerda), de 5.369,9 m de lonxitude.

Falamos pois dun anuncio - que deberá agora materializarse mediante a publicación no BOE da licitación, -  e que celebramos como positivo.

Recordo, con todo,  que no Pacto do Obradoiro estaba prevista que estas duas licitacións tiveran lugar antes do 31 de decembro de 2010.