Ánimo Don Benigno


Onte celebrouse unha concentración en Ourense diante da sede da Fundación San Rosendo, convocada pola Federación de asociacións de veciños Limiar.

O motivo era testemuñar o agarimo e o recoñecemento ao seu presidente e fundador, o sacerdote Benigno Moure, que vive un momento moi difícil.

Afortunadamente puiden regresar a tempo de Madrid para asistir a esa xuntanza cidadá e así poder tamén expresarlle o meu afecto e o sinceiro recoñecemento ao seu extraordinario traballo en beneficio dos mais necesitados e dos enfermos e a súa contribución exemplar ao desenvolvemento da nosa provincia.

A emotividade do acto expresouna unha das traballadoras cando por medio dun sentido grito, dixo “Benigno, vostede nunca camiñará só”

Con la tecnología de Blogger.