sábado, 23 de julio de 2011

Diante da vindeira reunión do Consejo de Política Fiscal e Financieira


O mércores da vindeira semana terá lugar a reunión en Madrid do Consejo de Política Fiscal e Financiera (CPFF), de enorme importancia para a nosa Comunidade Autónoma e na que a representación da Xunta exisirá que o Goberno cumpra o sistema de financiamento autonómico e transfira este ano a Galicia os 243 millóns de euros do Fondo de Cooperación, tal e como fixo tanto en 2009 como en 2010.

Coñecemos tamén que  a Conselleira de Facenda, solicitará o aprazamento das liquidacións negativas, de cinco a dez anos, para mitigar o seu impacto sobre as contas galegas sen prexudicar as estatais; así como medidas específicas para garantir a sostenibilidade do sistema sanitario, toda vez que a constitución do grupo de traballo en marzo de 2010 non se traduciu en decisións.

Unha vez mais debo salientar que a Xunta ten actuado nestes dous últimos anos con absoluta lealdade institucional, sendo, xunto á Comunidade de Madrid, a única autonomía que cumpriu o obxectivo de estabilidade orzamentaria en 2009 e en 2010, ademais de ser pioneira en asumir políticas de austeridade e axustar un 15% o gasto en dous exercicios.

O meu total apoio a estas xustas peticións da Xunta de Galicia .