miércoles, 20 de julio de 2011

Convocar eleccións é a única medida coa que non se vai a equivocar este Goberno


Hoxe tivemos sesión de control na que a nosa voceira Soraya Sáenz de Santamaría, recordou á vicepresidenta económica, Elena Salgado, que “mañá se aproba a reforma da lei das pensións, que é o último gran recorte social do seu Goberno, o que esgota a axenda política e o que esgota a legislatura”

Engadiu que “A partir de mañá os españois non esperan de vostedes outra cousa que convocar eleccións”, á vez que sinalou que os datos de Salgado á fronte da vicepresidencia económica “son bochornosos, o seu balance é inxustificable e a continuidade do seu Goberno, insostible”.

Apuntou que “non culminou nin unha soa das reformas, e as que empezou saldáronse cun sonoro fracaso”, e que “é incoherente prometer austeridade e acabar cun teito de gasto que sobe precisamente o gasto público”.

Así, tachou tamén de “incompetencia” aprobar unha reforma laboral que custou trescentos mil parados máis e vinte mil contratos indefinidos menos e de “engano” aprobar un modelo de financiamento que sabe que non pode pagar, ademais de subir os impostos aos españois, non para mellorar os servizos públicos, senón para pagar os intereses da débeda.

Sáenz de Santamaría repasou a traxectoria de Salgado á fronte da economía e criticou os douscentos trece mil millóns máis de débeda e que a vicepresidenta colleu a prima de risco en 80 puntos e agora considera un alivio cada día que pasa e non chega aos catrocentos.

Para pagar esa débeda, a vicepresidenta económica subiu tres veces o imposto sobre a renda, sumou dous puntos ao imposto sobre o valor engadido e por tres ocasións ascendeu os impostos especiais, reprochou a voceira popular, quen recriminou que tamén subiu aos consumidores a luz un 17% e o butano un 39% cunha inflación que supera os tres puntos.

“Con este balance ninguén debería permanecer no seu posto nin un minuto máis”, advertiu Sáenz de Santamaría, quen apuntou que o “fracaso” non só é de Salgado, senón de todo o seu Goberno polo que á vicepresidenta non debería estrañarlle que o país enteiro considere que teñen que fixar data xa ás eleccións.

E  engadiu para rematar que “convocar eleccións é a única medida coa que non se vai a equivocar este Goberno”.