viernes, 17 de junio de 2011

Preocupación na Baixa Limia



A miña compañeira deputada Ana Belén Vázquez, natural de Bande e perfecta coñecedora da comarca da Baixa Limia,  preparou varias iniciativas parlamentarias - que eu secundo plenamente - pola que nos facemos eco da preocupación dos veciños da ante a presenza de cianobacterias no río Limia á vez que esiximos ao Goberno que solucione o problema.

Solicitamos a comparecencia dos responsables da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil na Comisión de Medio Ambiente da Cámara Baixa, co fin de que ofreza toda a información dispoñible sobre esta especie de Microcystis Aeruginosa potencial xeradora de toxinas que provocou a alarma na zona.

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil ten encomendado o control da calidade das augas no seu ámbito territorial (apartado 24 do Real Decreto 1/2001 da Lei de Augas). E neste caso debe estender os seus labores de conservación a todo o río e non só centrarse nas dúas zonas de baño do Corgo (en Muiños), e Portoquintela (en Bande).

Os municipios da Baixa Limia están soportando unha carga fiscal máis elevada precisamente polo pago do canon á Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, que debe xa que logo vixiar a conservación das canles da súa contorna, así que o lóxico é esixirlle o cumprimento das súas funcións e competencias. A directiva 000/60/CE, do 23 de outubro do 2000, establece a obriga para os Estados membros de adoptar as medidas necesarias para erradicar a contaminación das augas superficiais, así como para reducir progresivamente a contaminación das augas.

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil dispón para 2011 dun orzamento de 61,43 millóns de euros e a Dirección Xeral de Augas dispón de 491 millóns de euros máis, polo que hai orzamento para atender este tipo de contaminación no río Limia, que precisamente foi incorporado recentemente á Zona de Reserva Mundial da Biosfera.

Se a contaminación non se soluciona, a zona da Baixa Limia verase afectada por unhas importantísimas perdas económicas na época estival derivadas dunha drástica caída do turismo que verá como dúas importantes zonas de lecer quedaron danadas, polo que esiximos que a comparecencia do máximo responsable da Confederación Hidrográfica do Miño fágase coa máxima urxencia.

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2011/06/17/trasladan-congreso-problema-cianobacterias-rio-limia/555198.html

http://www.laregion.es/noticia/158618/graves/perdidas/baixa/limia/contaminacion/