A disciplina orzamentaria



Esta semana no Pleno do Congreso falamos tamén da principal preocupación dos españois: resolver a crise económica.

O noso portavoz económico, Cristóbal Montoro nunha pregunta ao Vicepresidente Chaves, díxolle que o mais rápido vehículo para saír desa crise é a estabilidade e o equilibrio orzamentario.

O ex ministro de Facenda recordoulle como no ano 2002 o Congreso aprobou, a pioneira Lei de Estabilidade Orzamentaria, que establecia o teito de gasto para o Estado e que supuxo abrir unha porta ao futuro e abrir un compromiso para todas as administracións publicas que quedaria establecido no Consello de Politica Fiscal e Financeira.

Aludiu ao feito de que a comunidade autonoma de Galicia, acabase de aprobar unha lei de estabilidade orzamentaria que establece o teito de gasto e que iso é xustamente o que o Partido Popular leva propondo desde o comezo desta lexislatura en maio de 2008, cando a crise empezaba e o senor Zapatero e o senor Rubalcaba negábana sistematicamente.

Montoro aludiu a que acadar a estabilidade orzamentaria é inevitable tendo en conta da presión que temos, dos problemas de financiamento, da prima de risco país; tendo en conta dos problemas de Grecia, e da vulnerabilidade de España fronte a eses problemas, e que polo tanto necesitamos reaccionar con iniciativas lexislativas que superen a visión partidista e acepten as propostas do Partido Popular.

Neste senso teño que salientar a aprobación esta mesma semana da Lei de Disciplina que sitúa a Galicia na vangarda da xestión orzamentaria.

Comparto plenamente o obxectivo de non acumular demasiada débeda en época de bonanza, para ter máis capacidade de endebedamento nas crises, mantendo o déficit baixo control para garantir sempre a prestación dos servizos públicos.

Esta lei aprobada polo Parlamento de Galicia garante a estabilidade, introduce o principio de plurianualidade, engade transparencia e instrumentos de suficiencia, de xeito que eleva a lei o principio de responsabilidade no gasto público.

Un texto que incide nos cidadáns xa que garante un escenario de equilibrio orzamentario, ao longo do ciclo económico, algo fundamental para o crecemento e a estabilidade económica.

Unha excelente nova.
Con la tecnología de Blogger.