Licitacións no AVE entre Lubián e Ourense


Onte o Consello de Ministros autorizou ao Ministerio de Fomento a licitar, a través de Adif, a construción de dous novos tramos de plataforma na Liña de Alta Velocidade Madrid-Galicia entre as provincias de Zamora e Ourense. Trátase dos tramos Lubián-Túnel da Canda e o Túnel do Cañizo (vía dereita), cun investimento conxunto de 208.889.523,4 euros.

Sen dúbida unha boa nova longamente agardada, pois estas licitacións deberían terse feito antes de rematar 2010.

Segundo informa o Ministerio de Fomento, o tramo Lubián-Túnel da Canda, cuxo orzamento de licitación ascende a 117.257.139,6 euros (IVE incluído), ten unha lonxitude de 3,2 quilómetros e discorre polo termo municipal de Lubián.

Como infraestruturas singulares no seu trazado destacan os túneles de Hedroso (913 m de lonxitude) e Lubián (1.710 m), así como os viadutos de Porto (173,5 m) e Tuela (308 m).

E o tramo Túnel do Cañizo (vía dereita), cun orzamento de licitación que ascende a 91.632.383,8 euros (IVE incluído), ten unha lonxitude de 6,6 quilómetros e discorre polos termos municipais da Mezquita e A Gudiña, na provincia de Ourense.

Este subtramo ten como elemento fundamental o túnel que lle dá nome, O Cañizo, do que se licita a construción do tubo dereito, cunha lonxitude de 5.372,2 m. As obras contemplan tamén a execución das plataformas da estación Porta de Galicia / Porta de Galicia, na Gudiña.

Doutra banda hai que dicir que por fin o BOE do día 9 de xuño publicou o anuncio de licitación do tramo Túnel da Canda-Vilavella, que fora autorizado o 13 de maio, e así coñecemos que ten unha vez adxudicado ese contrato, o seu prazo de execución é de 28 meses.

Ainda quedan pendentes de licitar moitos kilometros da plataforma entre Lubián e Ourense, ao tenpo que é imprescindible que ADIF acelere a execución dos tramos Porto-Meaman (6,5 km) e Ponte Ambia -Taboadela (8,9 km) que tras 18 meses da licitación (29.12.2009) e case 12 meses da adxudicación aínda non comezaron prácticamente as obras.
Con la tecnología de Blogger.