lunes, 20 de junio de 2011

Sobre a Seguridade Viaria na provincia de Ourense



Hoxe difundimos unha nota de prensa na que damos a coñecer que o Goberno socialista deixou sen gastar o pasado ano en Ourense o 56,54% do orzado para Seguridade Viaria, segundo os últimos datos oficiais de execución orzamentaria.

Os deputados populares ourensáns presentamos varias preguntas en xaneiro interesándonos pola execución de determinadas partidas orzamentarias a 31 de decembro de 2010 e correspondentes aos PGE para 2010 e así se puido saber que dos 16.100.330 € orzados para Ourense en 2010 con destino a actuacións de Seguridade Viaria, o Goberno socialista só gastou 6.997.933 € (43,46 %), quedando obrigacións sen recoñecer por importe do 9.102.497 € (56,54%).


Este negativo dato de execución orzamentaria de 2010 vén ratificar a liña de falta de compromiso do Goberno de Zapatero coa provincia, xa que se o sumamos aos dos catro anos precedentes atopámonos que no quinquenio 2006-2010 o Ministerio de Fomento deixou sen gastar 37.648.596 €, o que representa o 47,95% do que orzara para seguridade viaria na provincia de Ourense.

Teño que destacar que o capítulo de Seguridade Viaria é moi importante dentro da Dirección Xeral de Estradas do Ministerio de Fomento, xa que con cargo ao mesmo execútanse obras como supresión de puntos perigosos, urbanización de travesías, colocación de barreiras de seguridade, fitos de aresta, sinalización de interseccións, construción de vías de servizo, de pasarelas peonís, acondicionamentos e iluminacións, mellora de trazado e balizamento protección de marxes, control de accesos e de velocidade de semáforos ou regulación de accesos., etc.

Recordo que o Goberno ten paralizadas ou está executando con moitísimo atraso importantes infraestruturas viarias na provincia, como a Circunvalación Norte, a autovía Ourense-Lugo, a autovía Ourense- Ponferrada ou a Circunvalación do Barco, polo que asegura que sería de suma importancia que mentres non executa obras que suporán unha mellora na rede viaria ourensá polo menos invista o orzado en Seguridade Viaria para equilibrar a balanza.

Polo menos, en actuacións de conservación e explotación de estradas os datos non son tan negativos. Neste apartado, dos 18.578.170 € orzados para Ourense en 2010 o Goberno executou un total de 22.409.944 €, o que representou un 20,63% máis do orzado, é dicir, 3.831.744 € máis.

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2011/06/21/varapalo-seguridad-viaria-ourensana/556290.html

http://www.laregion.es/noticia/158995/gobierno/inv


http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2011/06/21/0003_201106O21C6991.htm