jueves, 16 de junio de 2011

A preocupación dos españois polo paro


Onte na sesión de control, o presidente do PP, Mariano Rajoy fixo unha pregunta ao presidente do Goberno, e lle  recordou que desde a data das súas promesas hai 2.736.000 españois que perderon o seu posto de traballo e que a taxa de paro supera o 21 por cento, o desemprego xuvenil o 45 por cento e cada vez son menos os afiliados á Seguridade Social.

Fixo referencia a que os socialistas anunciaron en numerosas ocasiones recuperacións inmediatas, brotes verdes, reformas, mais reformas, medidas, mais medidas, paquetes de medidas, etcétera, pero todo isto ao final non serviu para nada. E espetoulle que desde a reforma laboral que aprobaron aos catro ventos o ano pasado, 264.000 persoas perderon o seu posto de traballo.

Referiuse á Lei de Economía Sostible, que ía ser a gran panacea, a que ía resolver todos os problemas de España e que non serviu absolutamente para nada e o grave é que en Europa se se crea emprego.

A continuación preguntoulle a Zapatero: ¿Por qué, señor presidente, temos o dobre de taxa de paro que a Unión Europea?, ¿Por qué temos o triplo de paro que Alemaña se vostede dixo que iamos ser tan prósperos como Alemaña e non fai moito tempo? ¿Cre e pensa vostede de verdade que hai algún español ao que se lle pasa pola imaxinación que vostede e o seu Goberno nas condicións que están van arranxar este problema?

Rajoy dixo que ninguén cre que co Goberno de Zapatero en España vaia haber mais crédito nin que vaia haber mais emprego nin que vaia haber mais consumo nin que se vaia a recuperar o nivel adquisitivo dos españois, nin que teñamos unha prima de risco razoable nin de que con este Goberno vaia haber unha recuperación económica.

E terminou dicindo: “Por iso, señor presidente do Goberno, eu téñolle que pedir unha reflexión sobre isto. Vostede falou do interese partidista. Dígolle a vostede que actuei pensando no interese xeral e non no interese partidista ou o interese dun candidato porque iso tamén queda no seu legado para a historia.”