sábado, 4 de junio de 2011

«Deus xogando aos dados», unha novela de Fernando Méndez



Onte estiven na Feira do Libro de Ourense e asistín a presentación da obra «Deus xogando aos dados», da que é autor Fernando Méndez, que xa acadou por esta novela o premio Risco de Creación Literaria.

Fernando é un gran xornalista e investigador e destaco o seu traballo, que lin hai anos con moito interese, “Historia dun crime. O caso do Metílico” no que analizaba o caso xudicial mais importante da nosa provincia do pasado século.

Un envelenamemto masivo ocorrido en 1963, en Canarias e Galicia no que moitas personas morreron e quedaron cegas polo consumo de licores que contiñan alcohol metílico.

Así que con estos moi bos antecedentes, xa comprei nunha das casetas da Alameda a súa primeira novela , editada por Sotelo Blanco,  e iniciareime na súa lectura coa seguridade de atopar unha trama á vez desacougante e apaixoante.