Preocupantes datos da EPA no primeiro trimestre de 2011


Seguimos co analise dos datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA), correspondentes ao primeiro trimestre de 2011.

Ourense

A taxa de paro en Ourense no primeiro trimestre do presente ano situouse nun 17,92 por cento. (24.900 parados en total). No cuarto trimestre de 2010 situouse no 17,00 por cento (23.600 parados). Sube o paro en 1.300 personas.

O número de ocupados no primeiro trimestre do ano 2011 situouse en 114.000, interior aos 115.300 do cuarto trimestre de 2010. Baixa a ocupación en 1.300 personas.

A taxa de actividade sitúase no 48,43 % lixeiramente superior a taxa do cuarto trimestre de 2010: 48,34%

Estos datos referidos a Ourense reflicten que seguimos a manter o diferencial positivo coa taxa de paro en España, que neste trimestre situouse no 21,29 % , pero a taxa de Ourense ten diferencial negativo respecto da de Galicia que situouse no 17,33 %.

Son uns datos negativos sen paliativos e que chaman a unga gran preocupación.

Galicia

A taxa de paro en Galicia no primeiro trimestre do ano 2011 situouse nun 17,33 por cento, 1,64 puntos por enriba do cuarto trimestre. (226.500 parados en total). No cuarto trimestre de 2010 situouse no 15,69 por cento (203.500). Sube o paro en 23.000 personas.

O número de ocupados no primeiro trimestre do ano 2011 situouse en 1.080.700, inferior os 1.093.100 do cuarto trimestre de 2010. Descende en 12.400 personas.

A taxa de actividade sitúase no 54,91 % % lixeiramente superiorior a taxa do terceiro trimestre, 54,43 %.

Galicia segue mantendo un diferencial positivo coa media do Estado respecto á taxa de desemprego, 17,33 % fronte ao 21,29 % estatal.

Con todo e sendo os datos de enorme preocupación, hai que salientar que se confirma a contención da destrución de emprego xa que o incremento do paro é inferior ao contemplado nos últimos anos.

Nembargantes non podemos conformarnos con estos resultados e haberá que seguir traballando arreo para revertir as cifras do paro.
Con la tecnología de Blogger.