Hoxe o Partido Popular con ocasión da celebración do día do traballo deu a coñecer un manifesto que divulgo neste blog e que sintetiza o noso posicionamento:
“O primeiro de maio de 2011 é unha data para recordar aos 4.910.000 parados e ás súas familias, que ven privados dun dos bens máis prezados: o traballo.
Tamén o é para mostrar o rexeitamento ao maior recorte social da historia da nosa democracia, ao emprego precario e á falta de oportunidades para atopar postos de traballo con estabilidade e con posibilidade de desenvolver o seu proxecto profesional e persoal.
Un millón e medio de parados de longa duración, mais de dous millóns de mulleres sen traballo e 900.000 mozos parados son mostras evidentes do fracaso dun proxecto político esgotado e dunha patente incapacidade de goberno socialista, que acepta resignado unha fractura social inaceptable para millóns de españois.
O goberno socialista aprobou a reforma laboral centrada no despedimento na máis absoluta soidade política e social. Nin sindicatos, nin empresarios, nin grupos políticos consideraron viable as medidas laborais. O Partido Popular presentou máis de setenta medidas para alcanzar un acordo capaz de fortalecer o funcionamento do mercado de traballo e apoiar empresas con futuro e traballadores con dereitos. Pero non aceptaron nin unha soa.
Desde o Partido Popular solidarizámonos cos traballadores e coas súas familias e afirmamos que outra política social é posible, unha política centrada no emprego como a que permitiu conseguir a creación de 5 millóns de postos de traballo, en base ao dialogo social e a unha política económica eficaz con crecemento potente e sostido, capaz de garantir mellores pensións e de consolidar o noso Estado de Benestar.”
O Partido Popular seguirá traballando para que se abra no noso país un novo horizonte de oportunidades e España recupere a senda do crecemento e o emprego que nunca debeu abandonar".