Reclamamos a celebración da reunión de seguimento do Pacto do Obradoiro



Resulta institucionalmente insasumible que o Ministerio de Fomento decidira  suspender - sen xustificación obxectiva algunha -  a reunión da Comisión de Seguimento do Pacto do Obradoiro que estaba prevista para onte 26 de maio. Unha reunión prevista para avaliar a planificación, o grao de licitación e execución orzamentaria que está contemplada no protocolo - asinado o 21 de  xullo de 2009 entre o Ministerio e a Xunta - sobre o desenvolvemento da rede ferroviaria da alta velocidade.

É aínda mais improcedente, que esa anulación se produza sen ofrecer unha data alternativa e argumentando xustamente por Fomento unha suposta quebra dos principios de cooperación e lealdade institucional por parte da Xunta de Galicia.

É urxente e necesaria esta reunión, máxime tendo en conta a análise sobre a reprogramación das actuacións contempladas no Pacto do Obradoiro, realizada polo Ministerio de Fomento, de xeito que se plantexan para os anos 2011, 2012 e 2014 licitacións que estaban previstas no 2010. Ao mesmo tempo considerando que o executivo socialista abandonou o tan anunciado sistema de macrolicitación  mudando por outro novo no que aparte da plataforma volve ao sistema convencional.

Non é de recibo que o Goberno de España, quera pagar coa nosa Comunidade Autónoma o seus revés electoral.

En calqueira caso o vindeiro 8 de xuño, o ministro de Fomento terá que comparecer a instancia do GPP na Comisión de Fomento do Congreso para dar explicacións sobre todas esas cuestións.
Con la tecnología de Blogger.