jueves, 19 de mayo de 2011

Débil crecemento do PIB no primeiro trimestre de 2011


Onte o Instituto Nacional de Estatística divulgaba os datos do informe de Contabilidade Nacional correspondentes ao primeiro trimestre de 2011. Son os seguintes:

- A economía española rexistra un crecemento interanual do 0,8% no primeiro trimestre de 2011, dous décimas superior ao do período precedente.

- O crecemento intertrimestral de España sitúase no 0,3%, unha décima máis que o do trimestre pasado. En Galicia a cifra elévase ao 0,4 %, apoiado no crecemento do sector industrial e dos servizos.

- A contribución negativa ao crecemento agregado da demanda nacional mantense neste trimestre en - 0,6 puntos mentres que a demanda externa aumenta dúas décimas a súa achega ao PIB trimestral (de 1,2 a 1,4 puntos).

- O emprego da economía descende a un ritmo do 1,4%, o que supón unha redución neta de máis de 240 mil postos de traballo a tempo completo nun ano. Pola súa banda, as horas efectivamente traballadas crecen a un ritmo do 0,3%.

- O decrecimiento do custo laboral unitario redúcese en oito décimas ata o - 1,2%, e queda tres puntos por baixo do deflactor do PIB.

Estes datos de crecemento de poucas décimas, son moi preocupantes. Como dixo o noso portavoz de Economía, Cristóbal Montoro, evidencian o atraso de España respecto da recuperación económica na súa contorna, cun crecemento tan insuficiente que se seguen destruíndo moitísimos empregos, algo inaceptable porque significa que a economía española non ten pulso e continúa tendo os mesmos problemas de fondo.

Ante esta situación desde o PP pensamos que é necesario pór en marcha, e con urxencia, reformas económicas e estruturais que permitan gañar competitividade e confianza nos mercados internacionais.